Inscrición no Encontro galego de ciberseguridade CIBER.gal
10 e 11 de novembro
Organizado polo nodo galego de ciberseguridade Ciber.gal, é un evento integrador, presencial e en streaming, que ofrece talleres, conferencias e paneis de debate e que aglutinará entidades de referencia no campo da seguridade da información, como o Instituto Nacional de Ciberseguridad (Incibe) e o Centro Criptológico Nacional (CCN), as principais empresas do ecosistema de ciberseguridade da comunidade e axentes clave dos sectores tecnolóxico, da investigación e o coñecemento.
Programa Principal
Formato presencial
10 e 11 de novembro
Cidade da Cultura de Galicia, Edificio Fontán
Organizado en 3 bloques de actividades, destinados ao tecido empresarial, á cidadanía e á Administración pública, é posible inscribirse a un ou máis bloques.
Programa Principal
Formato en liña
10 e 11 de novembro
Organizado en 3 bloques de actividades, destinados ao tecido empresarial, á cidadanía e á Administración pública, é posible inscribirse a un ou máis bloques e acceder en liña.
Taller de detección, identificación e análise de ameazas en redes e aplicacións
10 de novembro – 10:00 a 14:00
Universidade de VigoEscola de Enxeñería de Telecomunicación Universidade da CoruñaFacultade de Informática Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela - Edificio Fontán
Análise conceptual de malware, técnicas de detección e eliminación de ameazas mediante casos de estudo prácticos.
Necesario dispoñer dun portátil.
Dirixido a estudantes de FP de Grao Superior, de Cursos de Especialización e de graos e mestrados universitarios en estudos afíns ás tecnoloxías da información e as comunicacións.
Concurso Capture The Flag
10 de novembro – 15:00 a 19:00
Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela - Edificio Fontán
Contará con varios retos de ciberseguridade para que os participantes poidan demostrar as súas habilidades e destreza á hora de resolver problemas relacionados con temáticas como a criptografía, o análise forense, networking e reversing. Nun tempo determinado, o participante deberá solucionar o maior número de retos posibles. Cada reto terá unha puntuación acorde á súa dificultade, e será o gañador a persoa que mais puntos obteña.
Necesario dispoñer dun portátil.
Requírese ser maior de idade para participar.